Correr Asturias
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

XIV Medio Marathon Pontevedra

2 participantes

Ir abajo

XIV Medio Marathon Pontevedra Empty XIV Medio Marathon Pontevedra

Mensaje  Miguel-Trankos Vie Oct 16, 2009 8:29 pm

Tras un año en el que no se celebro por problemas con el ayuntamiento...vuelve esta gran prueba y con un cirucuito nuevo y mucho mas urbano y bonito que en ediciones pasadas.
Aqui os dejo el reglamento y lo siento porque esta en gallego pero ya sabeis.....

REGULAMENTO DO XIV MEDIO MARATÓN CIDADE DE PONTEVEDRA
1
1. DATA: A Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra organizan o
domingo 29 de novembro de 2009, a “XIV Medio Maratón Cidade de Pontevedra 2009” a partir
das 10,30 horas
Esta proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo (F.G.A.)
desenvolverase baixo as normas do presente regulamento, da F.G.A., da Real Federación
Española de Atletismo (R.F.E.A.), da Federación Internacional de Asociacións de Atletismo
(I.A.A.F.) e do Anexo II, do Real Decreto 1428/2003 sobre o regulamento xeral de circulación,
publicado no B.O.E. do 23 de decembro de 2003.
2. PARTICIPANTES. Poderán participar todas as persoas maiores de idade (nados no ano
1992 ou anteriores) que o desexen, federadas ou non, que cumpran as condicións de
participación e se inscriban previamente segundo o presente regulamento. Non se permitirá a
participación de atletas estranxeiros, a excepción de atletas de Portugal, que non foron
internacionais polo seu país nos derradeiro 5 anos, na distancia de 10.000 metros, Maratón e
Medio Maratón, ou atletas doutras nacionalidades con licenza pola Federación Galega de
atletismo.
3. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude de 21.097 metros, homologado pola Real
Federación Española de Atletismo, nun circuíto urbano sobre asfalto (pechado a tódolos
vehículos salvo aos de Organización) ao que se lle dará dúas voltas. E estará vixiado pola
Policía Local de Pontevedra, coa colaboración da Organización e controlado tecnicamente polo
Comité Galego de Xuíces e o persoal da Organización. Cada quilómetro sinalizarase
visualmente e o tempo máximo para percorrer a distancia será de 2 horas e 20 minutos.
Tanto a saída como a chegada efectuarase na pista de atletismo do Centro Galego de
Tecnificación Deportiva (C.G.T.D.) de Pontevedra (r/ Fernando Olmedo, s/nº).
4. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
So poderán participar aquelas persoas que estiveran previamente inscritas.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas a súa vontade.
A inscrición da carreira e persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións, baixo ningunha
causa, do importe da inscrición.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os seguintes compromiso que
a continuación exponse:
o Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de
saúde.
o Eximo de toda responsabilidade, que da miña participación no evento puidera derivarse
(perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e o perigo de lesión,...), á
Organización.
o Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a
promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe
previa solicitude expresa por escrito a entidade Organizadora.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e
condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dubida, ou de xurdir
algunha situación non reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización e o xuiz
árbitro da proba.
REGULAMENTO DO XIV MEDIO MARATÓN CIDADE DE PONTEVEDRA
2
5. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición e o xuíz árbitro están
facultados para retirar da carreira:
o A calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente.
o A todo atleta que non realice o percorrido completo.
o A todo atleta que non teña dorsal ou non o leve visible.
o A todo atleta que dobre, ou manipule, a publicidade do dorsal.
o A todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante
a Organización, ao marxen do estipulado no apartado de reclamacións.
o Todo atleta que incumpra o disposto polo presente regulamente.
6. AS INSCRICIÓNS faranse na páxina web www.championchipnorte.com, a partir do 15
de outubro e ata o día 23 de novembro. Non se admitirán inscricións posteriores ás 23:00 horas
do día 23 de novembro.
O importe de inscrición xeral é de (12 €) DOCE EUROS
O importe de inscrición reducida é de (10 €) DEZ EUROS para os que teñan chip propio de
Championchip.
7. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS farase nas oficinas da Sociedad Gimnástica de
Pontevedra sita no Pavillón Municipal de Deportes (oficina 4) na r/ Xoán Manuel Pintos o día 28
de novembro de 10 a 13 horas. Podéndose tamén retirar o dorsal e o chip no lugar de saída da
proba, de 08:30 horas a 10:00 horas.
8. CLASIFICACIÓNS Haberá unha soa clasificación conxunta, establecéndose as
seguintes categorías:
MASCULINA FEMININA
Júnior Júnior
Promesa - Sénior Promesa - Sénior
Veteranos de 35 a 39 anos Veteranas de 35 a 39 anos
Veteranos de 40 a 44 anos Veteranas de 40 a 44 anos
Veteranos de 45 a 49 anos Veteranas de 45 a 49 anos
Veteranos de 50 a 54 anos Veteranas de 50 a 54 anos
Veteranos de 55 a 59 anos Veteranas de 55 a 59 anos
Veteranos de 60 a 64 anos Veteranas de 60 en diante
Veteranos de 65 en diante
9. AVITUALLAMENTO Cada 5 quilómetros disporase do líquido necesario.
10. SERVIZOS SANITARIOS E SEGUROS MÉDICOS. Todos as persoas participantes
estarán cubertos cunha póliza de seguros de responsabilidade civil e dun seguro de accidentes
segundo o disposto no art.14 do anexo II do Real Decreto 1428/2003 sobre o Regulamento
Xeral de Circulación. A Organización, e os seus colaboradores, non serán responsables de
calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do atleta.
11. CONTROL ANTIDOPAXE. Por ser unha proba incluída no calendario da F.G.A , poderá
existir o preceptivo control antidopaxe. Todo participante que sendo designado para pasar dito
control, se negase ao mesmo, será automaticamente descualificado en todas as categorías e
REGULAMENTO DO XIV MEDIO MARATÓN CIDADE DE PONTEVEDRA
3
premios que puideran corresponderlle. Deste modo, os atletas que pasen dito control e lles
corresponda premio económico, deberán esperar ao resultado do control para recibir o premio.
12. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrito, faino
baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa
presenza se lle instará a abandonar o circuíto.
13. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de Chip (deberá ir suxeito aos cordóns
das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a
totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso parciais e totais,
polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas ao longo do
percorrido. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados. Sen prexuízo
doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip
supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e
trofeos, así como unha penalización de 30 trinta euros.
14. PREMIOS. Recibirán Trofeo os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e
femininos e o/a primeiro/a clasificado/a de cada categoría, e os seguintes premios en metálico
para a categoría absoluta:
MASCULINA ABSOLUTA FEMININA ABSOLUTA
1º - 600 €, 1ª – 600 €
2º - 400 €, 2ª – 400 €
3º - 300 € 3ª – 300 €
4º - 200 € 4ª - 200 €
5º - 100 € 5ª - 100 €
6º - 80 € 6ª – 80 €
7º - 70 € 7ª – 70 €
8º - 60 € 8ª - 60€
Para ter opción aos premios en metálico é requisito imprescindible facer un tempo igual ou
inferior a 1 hora 14 minutos en homes e 1 hora 30 minutos en mulleres. Poderase requirir o
D.N.I. ou documento análogo, aos atletas premiados. Requisito que haberá que cumprir para
ter dereito aos mesmos.
15. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a
partir das 13.00 horas na zona de meta (C.G.T.D. Pontevedra). Os atletas con dereito aos
premios deberán estar presentes na mesma, non pudendo delegar noutra persoa. Se non
estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio.
16. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán un servizo de duchas, unha bolsa de
productos alimenticios, bebidas e camiseta conmemorativa da competición.
REGULAMENTO DO XIV MEDIO MARATÓN CIDADE DE PONTEVEDRA
4
PERCORRIDO XIV MEDIO MARATÓN CIDADE DE PONTEVEDRA
Saída – Centro Galego de Tecnificación Deportiva, rúa Padre Fernando Olmedo, Rúa Padre Gaite,
Comeza a primeira volta ao circuito - Avenida Bos Aires dirección Monte Porreiro, volta a altura da
ponte do tren e praia fluvial, Avenida Bos Aires, Ponte dos Tirantes, rúa Alexandre Bóveda, rúa Celso
Emilio Ferreiro, Campus A Xunqueira (rodear a facultado de Forestais – deixándoa a esquera), rúa Celso
Emilio Ferreiro, Avenida de Compostela, Paseo do Enxeñeiro Rafael Areses, Ponte dos Tirantes, Avenida
Bos Aires, Avenida de Uruguay, Travesía Galera, rúa Arzebispo Malvar, rúa Condesa Pardo Bazán, Praza
Concepción Arenal, rúa Xeneral Martitegui, rúa Doctor Enrique Marescot, rúa da Alameda, Avenida
Raiña Vitoria Uxía, Avenida Augusto García Sánchez, rúa Xeneral Rubín, Paseo de Valle Inclán, rúa
Iglesias Vilarelle (despois de pasar o cruce da rúa Iglesias Vilarelle coa rúa Taboada Nieto), rúa Alcalde
Hevia, rúa San Pedro Alcántara, Avenida de Vigo, rúa Peregrina, rúa Andrés Mellado, Praza de Galicia,
rua Andres Muruais, rua Peregrina, Praza da Peregrina, Paseo Antonio Odriozola, Praza da Ferrería, rúa
dos Soportais, Praza de Curros Enríquez, rúa Real, Praza Celso García De La Riega, Praza Valentín
García Escudero, Avenida Uruguay, Avenida de Bos Aires ata a altura da Ponte dos Tirantes onde
comeza a segunda volta, ao finalizala e ao chegar a rotonda da Ponte dos Tirantes – rúa Padre Gaite, rúa
Padre Fernando Olmedo, CGTD – Meta.


Espero no perdermela, ya que promete mucho aunque la mayor pega es que es el ultimo finde de Noviembre y pegara el fresqui sobre todo al lado de la ria.

Saludos
Miguel-Trankos
Miguel-Trankos

Cantidad de envíos : 2156
Edad : 50
Localización : Gijon
Fecha de inscripción : 23/05/2008

Volver arriba Ir abajo

XIV Medio Marathon Pontevedra Empty Re: XIV Medio Marathon Pontevedra

Mensaje  Miguel-Trankos Vie Oct 16, 2009 8:34 pm

Pero bueno...a que esperais...ya teniais que estar apuntados...jejejejeje bueno en serio...os dejo la foto de google de la ruta..para quienes vaya por Pontevedra se daran cuenta que mas centrico yo creo que no se puede y encima acabando en la pista de atletismo donde entrenan gente como Gomez Noya o vaya se me a olvidado pero hay dos o tres personajes muy conocidos....

XIV Medio Marathon Pontevedra Mediapontevedra


Saludos

PD: La inscripcion por championchip y son 10euros..
Miguel-Trankos
Miguel-Trankos

Cantidad de envíos : 2156
Edad : 50
Localización : Gijon
Fecha de inscripción : 23/05/2008

Volver arriba Ir abajo

XIV Medio Marathon Pontevedra Empty Re: XIV Medio Marathon Pontevedra

Mensaje  fandi Sáb Nov 21, 2009 7:42 pm

Yo, como siempre, esperando a ver si me aguanta la rodilla, cuento con ir, asi que a ver si nos vemos.
fandi
fandi

Cantidad de envíos : 21
Edad : 48
Localización : Gijón
Fecha de inscripción : 27/01/2009

Volver arriba Ir abajo

XIV Medio Marathon Pontevedra Empty Re: XIV Medio Marathon Pontevedra

Mensaje  Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Volver arriba

- Temas similares

 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.